O Celta sufriu en Amsterdam a primeira derrota europea da tempada. Tras un partido discreto dos celestes, no que o Ajax foi netamente superior, os de Berizzo espertaron a quince minutos do final e a punto estiveron de igualar o tres goles do rival holandés. Os tantos de Guidetti e Aspas non foron suficientes e o Celta caeu finalmente pola mínima, coa sensación de poder asinar unha proeza se a reacción chegase antes.
FICHA TÉCNICA
3-Ajax: Onana, Veltman, Sánchez, Riedewald, Sinkgraven, Schöne, Traoré, Klaasen, Ziyech (Gudelj, 77′), Younes, Dolberg (Casierra, 82′).
2-Celta: Rubén, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontàs, Planas, Lemos (Wass, 53′), Radoja, Marcelo Díaz, Bongonda, Señé (Iago Aspas, 71′), Rossi (Guidetti, 77′).
Goles: Dolberg, 1-0 (41′); Ziyech, 2-0 (67′), Younes, 3-0 (70′), Guidetti, 3-1 (80′), Iago Aspas, 3-2 (86′).
Árbitro: Pawel Raczkowski, de Polonia. Amonestou a Schöne, Sánchez (Ajax); Hugo Mallo, Radoja, Guidetti (Celta).
Campo: Amsterdam Arena (50.000 espectadores).