Primeiro Equipo

Un bo Celta e un espectacular Iago Aspas dobregan ao Granada

RC Celta

celtagranada31.JPG

 

O Celta liberouse do amargo empate do xoves en Europa League recuperando unha das súas mellores versións ante a Granada, unha actuación sobresaliente que puido emborronarse nos últimos minutos cando os visitantes aproveitaron un erro defensivo para pór o 2-1 no marcador. O canteirán Pape, recentemente entrado ao terreo de xogo, fulminó a tensión debutando como goleador co primeiro equipo. Bongonda e unhas espectacular Aspas foron os outros goleadores.

 

Arrincou titubeante o Celta. Os primeiros minutos do partido estiveron marcadas polo equilibrio de forzas e a ausencia de ocasións. Os de Berizzo gañaron peso conforme avanzaba o cronómetro e mediado o primeiro tempo eran donos do balón.

 

O cadro galego comezou a soltarse e a despregar un vistoso xogo que atopou premio aos vinte e tres minutos. Aspas enviou o balón á área pequena e, tras rebotar nun defensor, o propio moañés apareceu con ímpeto para enviar o esférico ao fondo da rede.

 

O gol funcionou como unha sorte de resorte que liberou ao Celta, envorcado na área rival. Bongonda, que xa deixara bos detalles, asociouse con Aspas no minuto 38 e bateu a Ochoa con absoluta precisión. O descanso chegou con 2-0 no marcador.

 

Na segunda parte o Celta mantivo a súa superioridade. Un espectacular Iago Aspas fixo acto de presenza en todas e cada unha das facetas do xogo e a punto estivo de asinar o seu segundo tanto cun disparo afastado que golpeou o traveseiro. O arxentino Gustavo Cabral tamén gozou dunha gran ocasión ao rematar só na área un bo centro a saque de esquina. Ochoa atrapou sen complicacións.

 

Cando máis desaparecido estaba a Granada, Kravets aproveitou un mal pase de Cabral a Rubén para recortar distancias. O medo apoderouse de Balaídos, pero a bancada empuxou ao equipo e, xa no tempo de desconto, un recentemente entrado Pape Cheikh fixo o seu primeiro gol co Celta e sentenciou o encontro.

 

FICHA TÉCNICA

3-CELTA: Rubén, Roncaglia, Cabral, Fontàs, Jonny, Radoja, Marcelo Díaz, Wass (Señé, min.81), Iago Aspas (Pape, min.85), Bongonda, Rossi (Guidetti, min.69).

 

1-GRANADA: Ochoa, Foulquier, Vezo, Lombán, Saunier, Tabanou (Bueno, min.64), Samper, Uche (Ponce, min.71), Carcela, Pereira (Atzili, min.56), Kravets.

 

Goles: Iago Aspas, 1-0, min.23; Bongonda, 2-0, min.38; Kravets, 2-1, min.87; Pape, 3-1, min.93.

 

Árbitro: Trujillo Suárez, do comité tinerfeño. Amonestou a Andreas, Samper, Tabanou (Granada).

 

Campo: Balaídos (15.852 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas