Primeiro Equipo

Un bo Celta, serio e valente, quédase sen premio no Bernabéu

RC Celta

mad_cel_27816.jpg

 

O Celta non se levou, de xeito inxusto, premio no Bernabéu tras un partido serio e valente que desequilibrou Morata cun gol precedido de fora de xogo. Empatou Orellana e Kroos anotou no tramo final tras unha clara contra desperdiciada polos vigueses.

 

O Celta arrincou serio e con certa timidez, que foi perdendo aos poucos para disputarlle a posesión ao Madrid e xerar boas chegadas. Tras dous intentos de Wass, aos vinte e tres minutos Bongonda, roubou lonxe, regateou e lanzou desviado en boa posición. Modric, ao bordo da media hora, rematou de lonxe ao longueiro na mellor ocasión branca. Despois, Sergio respondeu cunha gran parada a un remate do centrocampista.

 

Os celestes reaccionaron con valentía e xeraron perigo con boas combinacións. O Celta, presión alta e toque, asustaba cos seus acenos de identidade. Boa primeira metade dos celestes.

 

Tralo descanso, grandes chegadas celestes, con xogadas de gran mérito, que non acabaron na rede por certa timidez á hora do remate. Aos 59 minutos, xogada desgraciada, con Morata en fóra de xogo na súa posición inicial decisiva porque

 

‘tomba’ a Hugo Mallo, e finalmente gol do ariete. Pouco despois, pase de Guidetti a Orellana e golazo do chileno desde a frontal.

 

No tramo final, o Madrid deu un paso á fronte e acosou, con xogadas a balón parado. O Celta perdoou unha contra de tres para un e aos 81 minutos, Kross anotou de lonxe cun remate moi axustado. O Celta envorcouse e tivo ocasións para empatar, pero careceu de fortuna.

 

2-R Madrid: Casilla, Carvajal, Sergio Ramos, Varane, Kroos, Bale, Marcelo Casemiro, Modric (James, min.69), Asensio (Lucas Vázquez, min.65) e Morata (Mariano, min.77)

 

1-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Radoja (Sisto, min.85), Wass (Pape, min.76), Pablo Hernández, Orellana, Bongonda e Guidetti (Iago Aspas, min.72)

 

Goles: 1-0, min.59: Morata; 1-1, min.67: Orellana; 2-1, min.81: Kroos

 

Árbitro: De Burgos Bengoetxea. Do comité vasco. Amonestou a Hugo Mallo, Jonny

 

Campo: Santiago Bernabéu. 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas