Primeiro Equipo

Un bo Celta suma un meritorio empate no Calderón e segue invicto

RC Celta

atleti-celta_14-15.jpg

Hernández abriu o marcador cun gol sublime e Nolito conseguiu o empate desde o punto de penalti

 

Un bo Celta, en especial nunha primeira metade que dominou con claridade, sacou un máis que merecido empate no Calderón. Pablo Hernández estreo titularidade cun gol sublime, un majestuoso taconazo, pero os locais déronlle a volta en dúas xogadas de estratexia. Nolito empatou de penalti na segunda metade e despois os vigueses, que seguen sen perder, defenderon con firmeza e contratacaron con perigo para sumar este valioso punto ante o campión de Liga.

 

Eléctrico arranque de partido no Caderón, cun voraz cadro local, cunha presión moi adiantada e agresiva, e un Celta que propuña pausa en ataque e rehuía os riscos atrás. A mellor ocasión do tramo inicial chegou aos 14 minutos cunha chegada de Tiago ao corazón da área, pero o luso rematou fóra. Os branquivermellos tiñan maior presenza en ataque, pero sen crear excesivos problemas á zaga céltica.

 

E aos 18 minutos, o gol do ano. Golazo extraordinario de Pablo Hernández. Taconazo incrible para adiantar ao Celta. O tanto, para velo unha e mil veces.

 

Sergio evitou a reacción do Atlético aos 22 minutos. Cabezazo de socato de Griezmann e gran parada do canteirán. Un minuto despois, posible penalti de Ansaldi a Larrivey, aínda que o colexiado non sinalou nada. O Celta encadeaba longas posesións para desactivar aos locais, que sufrían moito sen balón e eran incapaces xa de exercer unha presión efectiva. O fútbol púñano os de Berizzo

 

Ao bordo da media hora, Sergio volveu aparecer para gañarlle un man a man a Ansaldi nunha chegada asilada do Atlético. Pero o cadro local tirou da súa principal virtude, a estratexia. Aos 30 minutos, falta lateral que Miranda rematou á rede. Eran os mellores momentos do conxunto vigués, pero recibiu o mazazo do gol a balón parado.

 

E outro máis duro aínda aos 40 minutos. Saque de esquina e gran cabezazo de Godin á rede. Os locais déronlle a volta ao partido a balón parado. Ao descanso, unha clara falta non sinalada a Orellana e amarela ao chileno por protestar. Boa primeira metade do Celta, que controlou o encontro en amplas fases e ofreceu un gran xogo, ademais dun golazo fantástico, pero o poderío do conxunto madrileño a balón parado frustrou a proposta céltica.

 

Tras a continuación, no primeiro minuto, Hugo Mallo puido empatar tras unha gran xogada en ataque, pero o remate do lateral foi atrapado por Moyá. Gran ocasión para os vigueses, que volvían dominar con claridade o choque. Aos 6 minutos, gran control de Planas na área e penalti claro de Miranda. Nolito anotou para empatar o choque.

 

A historia estivo a piques de repetirse aos 15 minutos nunha xogada a balón parado, pero Raúl Jiménez rematou en claro fóra de lume. O Atlético apertaba de novo con forza, por empuxe, e os celestes trataban de defender e saír con velocidade. Orellana e Larrivey tentárono nun conxunto celeste que preto da media hora de xogo reforzou o centro do campo coa entrada de Sergi Gómez por un esgotado Pablo Hernández­.

 

Sergio luciuse aos 31 minutos tras un balón solto que o porteiro despexou cunha gran intervención. Que repetiu un minuto despois cun centro de Koke que se envenenó. Poutadas dun Atlético que non atopaba o camiño con facilidade.

 

Os celestes defenderon con fe, sempre sen renunciar a chegar arriba. Sufriron nos instantes finais, en especial a balón parado, pero Sergio estivo en todo momento magnífico e finalmente o Celta sumou un meritorio punto e segue invicto.

 

FICHA TÉCNICA

 

2-AT.Madrid: Moyá; Juanfran, Miranda, Godín, Ansaldi, Gabi, Tiago, Koke, Arda, Griezmann (Raúl García, min.63) e Raúl Jiménez (Cerci, min.81)

 

2-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Planas, Radoja, Krohn-Dehli, (Jonny, min.88), Álex López (Nolito, min.46), Orellana, Pablo Hernández (Sergi Gómez, min.70) e Larrivey

 

Goles: 0-1, min.18: Pablo Hernández; 1-1, min.30: Miranda; 2-1, min.40: Godin; 2-2, min.52: Nolito, de penalti

 

Árbitro: Martínez Munuera, do comité valenciano. Amonestou a Cabral, Orellana, Sergi Gómez e Miranda

 

Campo: Vicente Calderón

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas