O Celta sumou tres puntos fundamentais para seguir sendo protagonistas na loita polos postos europeos. Tras unha primeira parte olvidable, os celestes asumiron o control do partido e deixaron grandes momentos no segundo tempo, no que Iago Aspas e Maxi Gómez non faltaron á súa cita co gol. O Celta sitúase provisionalmente na sétima praza e o martes mídese ao Girona, rival directo na carreira por Europa. O celtismo ten razóns para seguir soñando.
Primeiro tempo con opcións para ambos os equipos, aínda que con maior peso do Eibar. Os celestes protagonizaron ata tres chegadas perigosas, todas elas cunhas gran Aspas polo medio, e os vascos tiveron as máis claras. A imprecisión e o bo traballo dos porteiros impediron que ningún dos equipos estrease o marcador no primeiros corenta e cinco minutos de xogo.
O descanso e a entrada de Emre Mor sentaron de marabilla a un Celta que foi de menos a máis. Quince minutos despois da continuación, os celestes abrían a lata dos goles nun contraataque finalizado ao primeiro toque por unhas sensacional Aspas a pase de Emre Mor. Os de Unzué tomaron a batuta do encontro e lanzáronse a por a vitoria. A punto estivo de pechar o choque Sergi Gómez cun tanto de cabeza anulado por fóra de xogo, pero finalmente foi o uruguaio Maxi Gómez quen certificou o triunfo. A dez minutos do final, de novo nunha contra, o capitán Hugo Mallo protagonizou un impresionante sprint e asistiu ao uruguaio para marcar o definitivo 2-0.
Aspas (16) e Maxi (13) suman vinte e nove goles e reafírmanse como a segunda parella máis letal de Primeira División. Con este tres puntos o Celta métese de cheo na loita por Europa, unha carreira de fondo que continúa este martes cun novo partido de Liga en Girona.
FICHA TÉCNICA
2-CELTA: Rubén, Hugo Mallo, Cabral (Roncaglia, min.87), Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass, Radoja (Tucu Hdez., min.65), Iago Aspas, Sisto (Emre Mor, min.46), Maxi Gómez.
0-EIBAR: Dmitrovic, Oliveira, Arbilla, Cote (Juncá, min.83), Peña (Capa, min.73), Diop, Jordán, Inui, Alejo (Pedro León, min.60), Charles, Kike.
Goles: Iago Aspas (1-0, min.56), Maxi Gómez (2-0, min.78).
Árbitro: Del Cerro Grande, do comité madrileño. Amonestó a Radoja, Cabral (Celta); Diop, Cote, Oliveira (Eibar).
Campo: Balaídos (15.383 espectadores).