Primeiro Equipo

Un Celta enorme supera ao Sevilla e segue invicto

RC Celta

sevilla_celta_20915.jpg

 

Un Celta enorme, que ofreceu un espectáculo inmenso na primeira metade e soubo aguantar e sufrir na segunda, levou unha gran vitoria ante un Sevilla que non puido finalmente rendibilizar o seu xogo directo e a envergadura de Llorente. magnífico treiunfo con goles de Nolito e Wass.

 

Arranque magnífico dun Celta intenso, ambicioso e vertical. En cinco minutos, tres bos remates e numerosas chegadas ante un rival que non podía facer outra cousa que defender e tratar de xogar á contra.

 

O dominio celeste, cun xogo enorme, traduciuse nun golazo de Nolito aos 14 minutos. Cambio de xogo de Orellana, recortes cara a dentro do gaditano e gran remate ao primeiro pau que acaba na rede.

 

Aos 25 minutos, a formidable aposta celeste, a súa magnífica presión e gran xogo, volveron ter premio tras unha asistencia de Hugo Mallo desde a liña de fondo cara a Wass, quen cruzou o coiro lonxe do alcance de Sergio Rico.

 

O Celta mantivo o absoluto dominio do choque, con varias oportunidades espléndidas, para pechar unha primeira metade inesquecible cunha vantaxe clara, pero mesmo curta.

 

Tras a continuación, o Sevilla saíu moito máis agresivo e ofensivo e logrou acurtar as diferenzas aos 8 minutos cun cabezazo de Llorente tras un desaxuste defensivo prol a banda dereita. Partido novo, ademais moi axitado e intenso.

 

Os celestes souberon sufrir, defender e contra acatar para levarse unha gran vitoria e seguir invicto na Liga.

 

FICHA TÉCNICA

1-Sevilla FC: Sergio Rico, Mariano, Kolo, Andreolli, Coke, Krychowiak, N’Zonzi, Vitolo (Kronh-Dehli, min.29), Banega (Llorente, min.46), Reyes (Komoplyanka, min.73) e Gameiro.

 

2-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral (Fontás, min.58), Sergi Gómez, Jonny, Augusto, Wass, Orellana, Pablo Hernández (Radoja, min.61), Nolito e Iago Aspas (Guidetti, min.78).

 

Goles: 0.1, min.14; Nolito; 0-2, min.25: Wass; 1-2, min.53: Llorente.

 

Árbitro: Jaime Latre, do comité aragonés. Expulsou con dobre amarella a Jonny (min.91) e amonestou a Sergi Gómez, Iago Aspas, Hugo Mallo, Orellana, Banega, Krychowiak, Reyes.

 

Campo: Sánchez Pizjuán . 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas