Os celestes encaixaron nunha xogada a balón parado e non aproveitaron as súas ocasións de empatar
O Celta volveu pagar cunha derrota un erro defensivo á saída dun córner nun partido igualado no que os celestes dispuxeron de varias ocasións para empatar. Encontro disoutrado, cunha enoeme tensión e dolorosa derrota ante un rival directo.
O partido comezou coa intensidade esperada e un campo proclive ao erro, ao resbalón. Ao seis minutos, Iago Aspas non chegou por moi pouco a un balón de falta enviado por De Lucas que finalmente atrapou Andrés. A xogada repetiuse uns minutos despois na segunda chegada celeste con balóns ás costas da zaga local.
O encontro esixía un gran despregamento físico e moita concentración. O Celta trataba de adaptarse a esas circunstancias, sempre ante un rival que presionaba con forza e buscaba o xogo directo. Os celestes saían con velocidade á contra tras cada recuepración, aínda que sen a precisión necesaria.
Borja Oubiña rematou fóra, aos 23 minutos, tras un balón solto que o canteirán recolleu na frontal. Foi unha boa ocasión, xa que o gardameta local estaba fóra do marco.
Osasuna puido marcar un minuto despois cun cabezazo de Armenteros que repeló o traveseiro e atrapou Varas. Gran susto para os celestes, que non habían apenas sufrido en defensa.
O Celta tívoa pouco despois, aos 26 minutos, cun gran centro de Lago que Aspas, en moi boa posición, cabeceou fóra. Outra fenomenal ocasión para o Celta nunha fase no que o partido ía dunha área a outra a gran velocidade. Varas desviou ben un remate afastado de Cejudo. Dous minutos despois, mesmos protagonistas e idéntico desenlace.
No tramo final, a intensidade era a mesma que ao comezo, con empuxe por ambos os lados e moitas chegadas a zonas de perigo, pero sen finalización. Moita disputa, unha enorme tensión, pero pouco acerto nas áreas e cero a cero ao descanso.
Tras a continuación, co campo moi pesado e zinas con barro, o Celta zomenzó apertando arriba cun par de centros ben defendidos pola zaga local. Iago Aspas tentou, ao catro minutos, unha vaselina afastada que saíu moi preto do traveseiro.
Aos 10 minutos, córner, rebote e balón solto que Armenteros leva á rede. O Celta deu un apso adiante e buscou o empate con decisión. De Lucas rematou ben aos 14 minuts, pero Andrés atrapou con seguridade. Osasuna viuse abocado a defender, cos celestes envorcados, aínda que encaixando contragokleps perigosos dos locais.
Park lanzou con intención pasada a media hora de xogo, pero o coiro acabou en saque de esquina. Toni non marcou de milagre tras un bo remate, desviado por un defensor. Infortunio, como na seguinte xogada, centro de Aspas sen remate na área pequena.
O Celta apertou con todo nos minutos finais, con outra gran ocasión aos 37 minutos. Balón solto para Álex López, cuxo remate, na área pequena, saíu elevado. Gran oportunidade para o empate. Park lanzou alto unha falta na frontal que o mesmo sufrira. O Celta caeu, unha vez máis, pola mínima, nesta ocasión ante un rival directo.
FICHA TÉCNICA
1-C.A.Osasuna: Andrés Fernández, Damiá. Rubén, Flaño, Nano, Oier, Lolo (Loe, min.88), Cejudo (Silva, min.67), Nino Armenteros y Kike Sola (Llorente, min.65)
0-R.C.Celta: Javi Varas, Jonny, Demidov, Túñez, Roberto Lago, Oubiña, Cabral (Toni, min.60), De Lucas (Park, min.60), Mario Bermejo (Álex López, min.74), Pranjic y Iago Aspas
Goles: 1-0, min.55: Armenteros
Árbitro: Hernández Hernández, do comité canario. Amonestou a Rubén, Damiá, Roberto Lago, Bermejo, Toni
Campo: Reyno de Navarra