ESCUDO-1300x400-02
Novas primeiro equipo

‘Un dos nosos’, Brais Méndez, emprende unha nova etapa deportiva

RC Celta

RC Celta e Real Sociedad pecharon o traspaso do centrocampista Brais Méndez, canteirán celeste que acumula cinco tempadas no primeiro equipo cun comportamiento exemplar e un rendemento extraordinario.

Brais debutou en Primeira División, con Juan Carlos Unzué no banco e 20 anos de idade, o 21 de setembro do 2017 ante o Getafe e esa tempada chegou a disputar 20 encontros na máxima categoría e outros moitos no filial. Para o recordo, a súa titularidade e fantástico desempeño no empate a 2 goles no Camp Nou poucos meses despois do seu debut.

Na súa traxectoria no RC Celta, o moscense acumula 166 partidos, con 22 goles e 17 asistencias e ademais converteuse en internacional absoluto coa Selección Española.

Brais demostrou desde a súa chegada ao conxunto celeste, hai xa dez anos, un compromiso excepcional e un comportamento exquisito, ademais dunha absoluta entrega e disciplina que lle permitiron crecer de maneira notable nas últimas tempadas.

Brais Méndez emprende unha nova etapa deportiva, pero será, sempre, ‘un dous nosos’ O club deséxalle moita sorte e éxito no seu traxecto, que iniciará e concluirá con alma celeste.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo

Noticias recomendadas