Primeiro Equipo

Un gol en propia porta no 91 priva da vitoria ao Celta

RC Celta

celta-real-orellana-1415.jpg

Orellana e Larrivey marcaron para os celestes, que empataron cun gol en propia no desconto

 

O Celta careceu de fortuna e o que era unha traballada e meritoria vitoria ante a Real Sociedad converteuse en empate no descuebnto tras un gol en propia porta.

 

Comezo igualado, con respecto, presión alta e chegadas a ambas as áreas. A máis clara nos compases iniciais tívoa a Real aos 11 minutos, cun pase picado que lle deixou ante Sergio, quen reaccionou de maneira maxistral para desviar o coiro. O Celta tívoa aos 22 minutos. Centro de Planas que lle chega a Álex López no punto de penalti, pero o canteirán non logrou enganchar ben o coiro. Pouco antes, Nolito e a meta visitante sufriron un forte choque na disputa dun coiro enviado con precisión por Cabral desde a zaga ás costas da defensa da Real.

 

Á seguinte, aos 27 minutos, chegou o tanto celeste. Centro medido, xenial, de Krohn-Dehli coa zurda e cabezazo á rede de Orellana. Bo gol dun Celta que mellorara nesa fase e de feito encadeou despois longas posesións cun xogo veloz e brillante. O danés e Larrivey protagonizaron as seguintes chegadas no monólogo celeste do tramo final da primeiro parte, que concluíu con outra gran xogada e un remate de Nolito que atrapou ben Zubikarai.

 

O Celta foi neste primeiro acto de menos a máis para acabar despregando un gran xogo e desarbolando por completo á Real Sociedad.

 

Tras o descanso, novo golpe do Celta. Outra gran combinación en ataque, gran centro de Jonny raso cara á chegada de Larrivey e remate ao pau… e á rede no rexeite. O terceiro puido chegar aos 10 minutos cun cabezazo de Larrivey que atrapou con seguridade a meta donostiarra.

 

A Real acurtou distancias aos 24 minutos tras un rexeite de Sergio que aproveitou Agirretxe. O partido entraba nunha nova fase tras un tanto que volvía meter aos donostiarras no choque.

 

Na fase decisiva, a Real apertaba con ambición, aínda que sen xerar excesivo perigo ante un Celta que dera un paso atrás para defender a súa valiosa vantaxe. O pau, aos 37 minutos salvou aos célticos tras un disparo afastado. Os locais sufrían e a Real empuxaba, en especial a balón parado, con moitos saques de esquina nos minutos finais.

 

FICHA TÉCNICA

R.C.Celta: Sergio, Jonny, Cabral (Sergi Gómez, min.74), Fontás, Planas, Radoja, Krohn-Dehli, Álex López (Pablo Hernández, min.65), Orellana, Nolito e Larrivey (Charles, min.82)

 

R.Sociedad: Zubikarai, Elustondo, Bergara (Gaztañaga, min.77), Martínez, Granero, Prieto, Vela (Chory Castro, min.58), Pardo (Agirretxe, min.58), Canales, Zaldúa e De La Bella

 

Goles: 1-0, min.27: Orellana; 2-0, min.47: Larrivey; 2-1, min.69: Agirretxe; 2-2, min.91: Jonny (p.p.)

 

Árbitro: Hernández Hernández, do comité canario. Amonestou a Nolito, Canales, Zaldúa, Bergara, Agirretxe

 

Campo: Balaidos, 19.385 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas