O RC Celta conseguiu ante o Atlético de Madrid un valioso empate (2-2) nun partido no que mereceu moito máis tras ser claro dominador desde o asubío inicial até o final.
A primeira metade estivo completamente dominada polo RC Celta, que moveu o balón ao seu antollo e realizou unha presión tras perda magnífica. Froito do bo fútbol chegou o gol de Santi Mina de cabeza tras un gran centro de Hugo Mallo. O Atlético puxo o empate ao bordo do descanso na súa primeira ocasión.
A segunda metade arrincou cun novo gol de Suárez nunha xogada na que os xogadores celestes pediron fóra de xogo previo de Lodi. Os futbolistas de Eduardo Coudet non viñeron abaixo e seguiron dominando e acumulando chegadas de perigo e nunha delas, unha xenialidade de Aspas permitiu a Solari asistir a Ferreyra para pór o empate definitivo.
FICHA TÉCNICA
2 – Atlético de Madrid : Oblak; Llorente, Savic, Felipe (Torreira, min 46), Giménez, Lodi; Kondogbia, Koke, Saúl; Correa, Luis Suárez
1 – RC Celta: Ruben; Mallo, Araujo, Murillo, Aarón; Tapia; Brais, Denis Suárez, Nolito (Solari, min 68); Aspas, Santi Mina (Ferreyra, min 75)
Goles: 0-1 Santi Mina, min 12; 1-1 Suárez, min 45; 2-1 Suárez, min 50: 2-2 Ferreyra, min 88;
Árbitro: Cuadra Fernández (Baleares). Amoestou a Felipe (Atlético) e a Tapia, Denis (RC Celta)
Campo: Wanda Metropolitano