ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

Un punto con moita Afouteza e Corazón ante o Vilarreal CF (1-1)

RC Celta

Jorgen Strand Larsen asinou o seu primeiro gol en LaLiga nunha noite máxica en Abanca Balaídos de comuñón entre equipo e afección. Tras unha previa marcada polo celtismo e un brutal recibimento ao autobús celeste, o partido malgasto afouteza e corazón.
Gerard Moreno adiantou ao Vilarreal CF aos 15 minutos pero os de Carvalhal nunca baixaron os brazos. Empuxe tras empuxe, co ánimo incansable da bancada, chegou o tanto do empate. Aos 67 minutos Larsen conectou para mandar o balón ao fondo da rede e desatar a tolemia. Os minutos finais seguiron sendo de claro dominio do RC Celta. O vindeiro venres o RC Celta xogará ante o Mallorca.

 

FICHA TÉCNICA

1 – RC CELTA: Marchesín; Hugo Mallo, Mingueza (Carles Pérez, min.54), Unai Núñez, Aidoo, Javi Galán; Beltrán, Óscar Rodríguez (Larsen, min.64), Cervi (Luca, min. 46); Gabri Veiga (Renato Tapia, min.87) e Iago Aspas.

1 – VILLARREAL CF: Reina, Foyth (Copoue, min.64), Mandi, Pau Torres, Mojica; Parejo, Coquelin (Femenía, min.64, Cuenca, min.70), Manu Trigueros, Morales, Chukwueze (Yeremy, min. 46) y Gerard Moreno.

Gol: Gerard Moreno (0-1, min. 15); Larsen (1-1, min. 67)

Árbitro: Arberola Rojas. Amonestó por parte del Villarreal CF a Manu Trigueros y Morales.

Campo: Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas