O RC Celta conseguiu un empate na súa visita a Leganés (0-0) nun encontro no que apenas houbo ocasións de gol. Os de Fran Escribá foron de menos a máis e puideron adiantarse na segunda parte nunha chegada protagonizada por Iago Aspas.
A primeira metade estivo marcada pola igualdade. Ambos os equipos buscaron facerse co control do balón e non foron moitas as ocasións de gol. A intensa calor tamén dificultou que o xogo fose fluído.
O segundo tempo seguiu a mesma dinámica. O equipo celeste puido adiantarse por dúas veces no marcador grazas a dúas boas xogadas que non puideron transformar Boufal e Aspas, cuxo disparo sacouno sobre a liña de gol un defensor local.
FICHA TÉCNICA
0 – CD Leganés: Cuéllar; Nyom, Bustinza, Omeruo, Siovas, Silva; Recio, Vesga; Óscar (El Zhar, min 83); Braithwaite (Santos, min 73), En-Nesyri (Carrillo, min 71).
0 – RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Cabral, Néstor Araújo, Olaza, Lobotka, Jozabed, Boufal (Boudebouz, min 66), Hjulsager (Brais, min 76), Maxi Gómez, Iago Aspas
Árbitro: Juan Martínez Munuera, do comité valenciano. Amoestou a Recio (CD Leganés).
Campo: Butarque