cadiz
Primeiro Equipo

Un sólido RC Celta suma un punto en Cádiz (0-0)

RC Celta

O RC Celta conseguiu un valioso empate en Cádiz (0-0) nun choque no que os homes de Eduardo Coudet dominaron a posesión e chegaron en numerosas ocasións á área rival.

O partido comezou con ambos os equipos tratando de facer o seu fútbol, o RC Celta dominando o balón e o Cádiz saíndo á contra. A primeira ocasión foi para os gaditanos, pero Iván Villar detivo con mestría un disparo de Sobrino. Pronto chegou a reacción do equipo celeste por medio de Nolito, que obrigou a Ledesma a realizar unha gran intervención.

Apareceu de novo Iván Villar cunha soberbia parada nun remate dun futbolista gaditano que acabo golpeando o pao. A mellor ocasión visitante chegou tras unha combinación entre Nolito e Hugo Mallo que o capitán celeste transformou en gol pero que foi anulado por un fóra de xogo moi xusto.

Tras a continuación chegou unha boa ocasión por medio de Brais Méndez, que se atopou de novo con Ledesma baixo paus. Co paso dos minutos continuou o dominio celeste, que chegou numerosas veces á área rival pero sen fortuna nos últimos metros.

Nos últimos compases Hugo Mallo tivo unha oportunidade clarísima pero o seu cabezazo foise rozando o pau e non se moveu o marcador.

 

FICHA TÉCNICA

0 – Cádiz: Ledesma, Carcelén, Mauro, Fali, Espino, José Mari (Garrido, min 83), Jonsson, Salvi (Jairo, min 67), Malbasic (Alejo, min 67), Negredo (Lozano, min 60), Sobrino.

0 – RC Celta: Iván Villar, Hugo Mallo, Araujo (Fontan, min 56), Murillo, Aaron, Tapia, Denis Suárez (Augusto, min 78), Brais Méndez, Nolito (Baeza, min 66), Iago Aspas, Ferreyra (Beltrán, min 66)

Árbitro: González Fuertes (Asturias). Amoestou a Murillo (RC Celt)

Campo: Abanca Balaídos

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas