Un valente RC Celta gañou na casa do Villarreal (2-3) nun partido no que os de Miguel Cardoso foron superiores durante boa parte do mesmo. Os celestes obtiveron así a segunda vitoria consecutiva en LaLiga.
O partido comezou cun RC Celta ben colocado no campo, presionando ao Villarreal e movendo a pelota con fluidez. Co paso dos minutos os celestes fixéronse co control do encontro e as ocasións se sucederon no área local. Primeiro foi Brais Méndez cun dobre disparo aos 18 minutos. Pouco despois disfrutaron de chegadas con perigo Juncà, Aspas e Boufal. Foi o canteirán de Mos quen abriu o marcador no minuto 41 cun disparo preciso desde fóra da área.
A segunda metade comezou coa mesma dinámica. Un notable RC Celta estendeu a súa vantaxe por partida dobre aos poucos minutos da reanudación cos goles de Okay e Maxi Gómez. En ambas ocasións o asistente foi Brais Méndez. Dous tantos de Bacca no tramo final do encontro puxeron o 2-3 definitivo.
FICHA TÉCNICA
2-Villarreal: Asenjo; Mario, Álvaro, Víctor Ruiz, Pedraza (Funes Mori min.91); Cazorla, Trigueros (Ekambi min.46), Cáseres, Chukwueze (Bacca min.54), Fornals y Gerard Moreno .
3-RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo, David Costas, Araujo, Juncà, Jozabed (Cabral min.80), Okay, Brais Méndez (Fran Beltrán min.75), Boufal (Hjulsager min.65), Iago Aspas y Maxi Gómez.
Goles: 0-1, min.43: Brais Méndez; 0-2, min.48: Okay; 0-3, min.50 Maxi Gómez; 1-3, min.82: Bacca; 2-3, min.86: Bacca.
Árbitro: Gil Manzano, del comité extremeño. Amonestou a Cáseres, Álvaro e Mario Gaspar (Villarreal), e Okay, Maxi e Hugo Mallo (RC Celta).
Campo: La Cerámica.