O RC Celta e o Athletic Club chegaron a un acordo para a cesión con opción de compra do defensa, Unai Núñez. O xogador biscaíño xogará a próxima tempada no conxunto branquivermello tras chegar cedido do mesmo no ano 2022.
Foron dúas tempadas nas que Unai defendeu a camiseta celeste preto de 6500 minutos repartidos nun total de 76 encontros, entre Laliga e a Copa do Rey. O curso pasado marcaba o seu primeiro gol no RC Celta ante o Almería na vitoria celeste nos Xogos do Mediterráneo.
Desde a súa chegada á cidade olívica, o defensa de 27 anos, sempre demostrou unha gran disciplina e un comportamento exemplar polo que o RC Celta quere desexarlle moitos éxitos nesta nova etapa deportiva que agora emprende.
Moita sorte, Unai!