O Celta e o Hellas Verona alcanzaron un acordo para a cesión con opción de compra do defensa Unai Núñez que xogará a tempada 2025/26 no conxunto italiano.
O central biscaíño chegou ao Celta no verán de 2022 e, durante dúas tempadas, defendeu con profesionalidade e entrega o escudo celeste. Nese período acumulou preto de 6.500 minutos en 76 partidos oficiais entre LaLiga e a Copa do Rey. A pasada campaña xogou cedido no Athletic Club onde asinou unha destacada actuación.
Desde a súa chegada a Vigo, Unai Núñez sempre mostrou unha actitude exemplar, tanto no vestiario como no día a día. É por iso que o club quere desexarlle o maior dos éxitos nesta nova etapa na Serie A.
Sorte, Unai!