UNAI 16X9
Novas primeiro equipo

Unai Núñez xogará cedido no Valencia CF ata final de tempada

RC Celta

Unai Núñez pasa do Hellas Verona ao Valencia CF e xogará cedido no conxunto che ata o final da tempada.

O central biscaíno chegou a Vigo no verán de 2022 e, durante dúas campañas, defendeu o escudo celeste con profesionalidade e compromiso. Nese período, Unai acumulou preto de 6.500 minutos en 76 partidos oficiais, repartidos entre LaLiga e a Copa del Rey.

A pasada campaña saíu cedido ao Athletic Club, onde fixo unha actuación destacada. Posteriormente, ao inicio do presente curso 25/26, volveu marchar a préstamo, esta vez ao Verona, co que disputou 18 partidos oficiais, 17 na Serie A e un na Copa de Italia, acumulando un total de 1.355 minutos de xogo co conxunto italiano.

Desde a súa chegada ao Celta, Unai Núñez mostrou sempre unha actitude exemplar, tanto dentro como fóra do campo. Por iso, o club quere desexarlle o maior dos éxitos nesta nova etapa da súa carreira e no seu regreso á competición doméstica.

Sorte, Unai!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas