11
Primeiro Equipo

Unha emocionante vitoria dedicada a todas as Nais de Afouteza!

RC Celta

Nunha nova e emocionante xornada en Abanca Balaídos, o RC Celta alcanzou a vitoria por 3 goles a 2 sobre o Vilarreal CF. Nun encontro marcado pola expulsión do visitante Santi Comesaña cando o equipo de Marcelino García Toral gañaba grazas ao gol de Alberto Moreno, o conxunto celeste lograba resarcirse e darlle a volta ao marcador cos goles de Iago Aspas, Jorgen Strand Larsen e Tasos Douvikas.

FICHA TÉCNICA:

3 – RC Celta: Guaita; Manquillo (De la Torre, min. 46), Starfelt , Jailson; Mingueza, Damián (Ristic, min. 46), Beltrán (Carles Pérez, min. 80), Hugo Álvarez (Douvikas, min. 80); Aspas, Larsen, Williot Swedberg (Cervi. Min. 64).

2 – Villarreal CF: Jörgensen; Kiko Femenía, Albiol, Mosquera (Cuenca, min. 46), Alberto Moreno (Pedraza, min. 55); Akhomach (Coquelin, min. 55), Comesaña, Parejo (Capoue. Min. 78), Alex Baena; Guedes (Morales, min. 73), Sorloth.

Goles: 0-1 Alberto Moreno (min. 12); 1-1 Aspas, penalti (min. 21); 2-1 Larsen (min. 39); 2-2 Guedes (min. 68); 3-2 Douvikas (min. 82)

Árbitro: Soto Grao (comité rioxano). Expulsou con vermella directa ao xogador do Vilarreal Santi Comesaña (min. 16). Amoestou con tarxeta amarela a Manquillo (min. 24), Damián (min. 32), Swedberg (min. 64) e Douvikas (min. 85) por parte do Celta.

Incidencias:Partido correspondente á xornada 34 de LALIGA EA SPORTS disputado no estadio de Abanca Balaídos ante 19.548 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas