A Liga de Fútbol Profesional seleccionou unha parada do gardameta celeste Sergio Álvarez como unha das dez mellores do mes de Marzo en Primeira División. ‘O Gato de Catoira’ ocupa a sétima posición nesta clasificación cunha gran intervención que realizou ante Bakambú, dianteiro do Villarreal, no partido disputado en Balaídos e que finalizou con empate a ceros.