20240217_ABANCABALAIDOS_BARCELONAvsRCCELTA-8
Novas primeiro equipo

Venres Santo… Adestramento a portas abertas!

RC Celta

O RC Celta adestrará este Venres Santo, 29 de marzo, en Abanca Balaídos para preparar o seu próximo encontro ante o Raio Vallecano, partido que terá lugar o domingo 31 ás 14:00 horas.

A sesión preparatoria, que dará comezo ás 11:00 horas da mañá, será a portas abertas para a afección, quen poderá acceder ao estadio a partir das 10:30 horas a través das portas 1 a 10, excepto a 6, da Bancada de Tribuna (alta e baixa) ata completar o aforo: 5.600 persoas.

Á chegada, os asistentes poderán gozar de pintacaras, ovos de pascua celestes con pulseira de agasallo e a repartición de rifas para o sorteo dunha experiencia VIP en túnel. Antes do inicio do adestramento, haberá unha homenaxe a Samuel Comesaña, xogador do Fundación Celta Integra, tras a súa inesperada retirada do fútbol por lesión. Ao acabar, procederase ao lanzamento de balóns e firma de autógrafos.

Vémonos, afección!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas