O RC Celta suma un novo compromiso ao seu calendario da pretemporada 25/26. O primeiro equipo celeste medirase ao Vitória SC o próximo 1 de agosto ás 20:00h (hora local) no Estadio Dom Afonso Henriques de Guimarães.
O Vitória Sport Club, máis coñecido como Vitória de Guimarães, compite na Primeira División lusa e conta na súa palmarés cunha Copa e unha Supercopa de Portugal. É ademais un dos clubs con maior tradición e apoio no país veciño, cunha afección moi presente xornada tras xornada no seu estadio. Todo un histórico do fútbol portugués que non poñerá as cousas fáciles aos de Claudio Giráldez e servirá como test para chegar ao máximo nivel ao comezo do curso.
Este amigable, que poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube oficial do RC Celta, súmase aos xa anunciados ante os Wolves, o Braga, o Stuttgart e o Grasshopper e terá á venda as súas entradas proximamente.