Triunfo contundente do RC Celta na súa visita ao Estadio Romano do Mérida AD (1-4). O equipo vigués xogou moi concentrado todo o encontro e clasificouse para os 1/16 de final da Copa de SM o Rei grazas aos goles de Santi Mina por partida dobre, Pione Sisto e Brais Méndez.
A primeira metade foi de dominio celeste. Os de Óscar García demostraron a diferenza de categoría entre ambos os equipos e puxéronse con dous goles de vantaxe grazas aos tantos de Santi Mina e Pione Sisto. Pouco antes do descanso o Mérida AD reduciu a distancia tras un polémico penalti sinalado polo colexiado.
Nada máis renovarse o partido Brais Méndez ampliou a renda desde o punto de penalti e Santi Mina asinaba o seu dobrete tras aproveitar un erro da zaga local. No tramo final, ambos equipos buscaron aumentar a o seu casilleiro, aínda que sen puntaría. A peor noticia foi a lesión de Néstor Araujo.
FICHA TÉCNICA
1 – Mérida AD: Javi Sánchez (Harillo, min 48), Mario Gómez, Álex Jiménez, Chino, Salvi, Pokey, Mena, Villar (Espinar, min 65), Cristo, Cubo y Pino (Espinar, min 46)
4 – RC Celta: Sergio; Hugo Mallo (Kevin, min 64), Costas, Araujo (Losada, min 81), Olaza, Pape, Beltrán, Juan Hernández, Sisto (Denis, min 60), Brais e Santi Mina
Goles: 0-1 Mina, min 22; 0-2 Sisto, min 30; 1-2 Pokey, min 37: 1-3 Brais, min 47; 1-4 Mina, min 58;
Árbitro. Alberola Rojas (Castela a Mancha). Amoestou a Espinar (Mérida AD) e a Costas (RC Celta)
Campo: Estadio Romano