O RC Celta pechou a súa pretempada cunha axustada derrota ante o West Ham en Londres. Os pupilos de Claudio Giráldez caeron na quenda de penaltis (6-5) tras empatar 2-2 no tempo regulamentario. Pese ao resultado, os celestes mostraron carácter e competitividade ante un dos colosos da Premier League, deixando boas sensacións para o comezo oficial do curso.
O partido arrincou cun gol temperán de Bowen para o West Ham, pero o RC Celta non tardou en reaccionar e, uns minutos despois, Mihailo Ristic igualou o marcador tras aproveitar un rexeite. Aínda así, antes do descanso, os ingleses adiantáronse de novo grazas a un tanto de Paquetá.
Na segunda metade, Pablo Durán volveu equilibrar o choque cun gol nado dunha moi boa xogada dos seus compañeiros, tamén canteiráns, Damián e Hugo Álvarez. Co 2-2, o duelo resolveuse na quenda de penaltis, onde os de Julen Lopetegui impuxéronse 6 a 5.
O encontro tamén destacou polo debut de Ilaix Moriba e a presenza no terreo de xogo, por terceira semana consecutiva, de Joseph Aidoo, quen nesta ocasión luciu o brazalete de capitán.
Con este partido, o RC Celta pecha a pretempada e conta os días para o pistoletazo de saída de LaLiga EA SPORTS 24/25. O debut do cadro celeste neste novo curso será en casa o próximo 16 de agosto fronte ao Deportivo Alavés. Vémonos en Abanca Balaídos, afección!
FICHA TÉCNICA:
2 (6) – West Ham: Areola; Coufal, Kilman, Mavropanos, Emerson, Soucek, Guido Rodríguez, Paquetá, Kudus, Bowen y Antonio. También jugaron: Fabianski, Aguerd, Ward-Prowse, Füllkrug, Summerville, Earthy e Luis Guilherme.
2 (5) – RC Celta: Iván Villar; Manquillo, Starfelt, Jailson; Mingueza, Beltrán, Damián Rodríguez, Ristic; Aspas, Bamba y Borja Iglesias. También jugaron: Williot Swedberg, Carlos Domínguez, Pablo Durán, Hugo Álvarez, Javi Rodríguez, Moriba, Alfon, Aidoo, Sergio Carreira, Marc Vidal e Hugo Sotelo.
Goles: 1-0 Bowen (min.6); 1-1 Ristic (min.21); 2-1 Paquetá (min.35); 2-2 Pablo Durán (min.66).
Árbitro: Darren Bond. Amonestou ao xogador do RC Celta Fran Beltrán (min.50).
Incidencias: Último partido amigable da pretempada 24/25 do RC Celta, disputado no Estadio Olímpico de Londres.