16X9
Primeiro Equipo

Williot Swedberg amplía a súa vinculación co Celta ata 2029

RC Celta

Williot Swedberg seguirá vestindo o celeste catro anos máis. O atacante sueco amplía o seu contrato co Celta ata 2029, reforzando así a aposta do club no talento novo cun xogador con gran proxección e calidade.

Desde a súa chegada á cidade olívica no verán de 2022, Williot demostrou unha evolución constante. A pasada tempada disputou 32 encontros de LaLiga, 15 deles como titular, nos que anotou 4 goles e repartiu 5 asistencias, consolidándose como unha peza clave no ataque celeste. Seu foi ese gran pase a Iago Aspas no Coliseum ante o Getafe, que certificou a clasificación celeste a Europa League 8 anos despois.

Internacional coa selección de Suecia, aos seus 21 anos, Williot soubo adaptarse ao ritmo e a esixencia do fútbol español, combinando talento, intelixencia e unha notable capacidade para xerar ocasións desde a segunda liña.

Con esta renovación, o Celta reafirma a súa confianza no futbolista como parte esencial do presente e futuro do equipo. Unha continuidade coa que o club mostra a súa satisfacción e alegría ao poder seguir crecendo xunto cun xogador que soubo gañarse o agarimo e respecto de toda a afección celeste.

Imos a por máis, Kraken!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas