Williot Swedberg compareceu ante os medios tras asinar a súa renovación co Celta ata 2029. O atacante celeste, que chegou ao club no verán de 2022, deu pasos firmes no seu crecemento ata consolidarse como unha peza importante no equipo; unha evolución constante da que el mesmo falou en sala de prensa. “Cada ano vou mellorando, creo que se notou que estou nese camiño, e vou traballar duro para seguir”.
Durante a súa intervención, tamén destacou o seu compromiso co club e a súa alegría por seguir vestindo a camiseta celeste. “Sempre me quixen quedar, creo que este é un sitio moi bo, con bos compañeiros, corpo técnico, afeccionados…”
Sobre a tempada que comezará o vindeiro domingo, mostrouse optimista co nivel do grupo, asegurando que “temos un equipo moi bo, con moita calidade. Moitos xogadores novos que van mellorar moito. Creo que vén unha tempada na que podemos seguir como a anterior”.
Escoita as súas declaracións completas!