CRÓNICA 2
Primeiro Equipo

O RC Celta tráese unha vitoria de ‘souvenir’ na súa visita ao VfL Wolfsburgo (0-1)

RC Celta


O RC Celta visitou este sábado o Wolkswagen – Area para medirse ante o VfL Wolfsburgo no seu cuarto partido amigable de pretempada. O conxunto de Rafa Benítez realizou un partido de gran seriedade, mostrando solided e contundencia no campo fronte ao equipo alemán da Bundesliga.

Finalmente, o encontro decidiríase a favor dos celestes por un tanto a cero, obra de Unai Núñez de cabeza nunha falta a favor no primeiro tempo.

O RC Celta, que esta mesma noite regresa á cidade olívica, terá o vindeiro martes día 8 de agosto a súa quinta cita de pretempada, esta vez algo máis preto de casa. Será no Verónica Boquete de San Lázaro ante o SD Compostela ás 20:00 h.

Este será o último amigable que os celestes disputarán antes do inicio de LaLiga EA Sports, o vindeiro domingo 13 de agosto ás 17:00 fronte ao CA Osasuna en Abanca Balaidos.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas