IMG_4700
Novas primeiro equipo

“Xuntos contra o lume”: fútbol e solidariedade abrázanse en Abanca Balaídos

RC Celta

Abanca Balaídos viviu este martes unha noite máxica que quedará gravada na memoria colectiva de Galicia. Baixo o lema “Xuntos contra o lume”, Vigo e Ourense uníronse nun acto cargado de emoción, solidariedade e orgullo compartido, co obxectivo común de reforestar e reconstruír os montes ourensáns arrasados polos incendios deste verán. Máis de 5.000 persoas enchéron o estadio nunha cita que transcendiu o fútbol e que se converteu nun símbolo de unión e esperanza.

O encontro, impulsado polo Celta, a Federación Galega e a UD Ourense, reuniu a 5.090 asistentes que acudiron para apoiar esta causa solidaria. O marcador final, cunha vitoria celeste por 5-0 grazas aos goles de Bryan Zaragoza, Ferran Jutglà, Pablo Durán (por partida dobre) e Pablo Gavián, foi o de menos, xa que a verdadeira vitoria estivo na grada, na resposta unánime dunha terra que, cando é ferida, responde unida. Cada entrada e cada camiseta conmemorativa vendida, equipación que ambos equipos luciron sobre o céspede, destinarase a financiar proxectos de reforestación nas zonas máis afectadas da provincia de Ourense, un xesto que converte o fútbol en ferramenta de reconstrucción e futuro.

A magnitude do evento reflexouse tamén na ampla representación institucional e social que acudíu a Abanca Balaídos. Numerosos concellos ourensáns e entidades participaron nesta xornada solidaria (Concello de Avión, Concello de Baltar, Concello de Beade, Concello do Barco de Valdeorras, Concello de O Bolo, Concello de Carballeda de Avia, Concello de Cartelle, Concello de Castrelo de Miño, Concello de Castrelo do Val, Concello de Chandrexa de Queixa, Concello de Cualedro, Concello de Carballeda de Valdeorras, Concello de A Gudiña, Concello de Laza, Concello de Leiro, Concello de Larouco, Conceilo de Manzaneda, Concello de Melón, Concello de A Merca, Concello de A Mezquita, Concello de Montederramo, Concello de Monterrei, Concello de Ourense, Concello de Oímbra, Concello de Padrenda, Concello de Pobra de Trives, Concello de Petín, Concello de Ribadavia, Concello de Riós, Concello de Rubiá, Concello de A Rúa, Concello de San Amaro, Concello de San Cibrao das Viñas, Concello de San Xoán de Río, Concello de A Teixeira, Concello de Toén, Concello de Trasmiras, Concello de A Veiga, Concello de Verín, Concello de Vilar de Barrio, Concello de Vilardevós, Concello de Vilariño de Conso, Concello de Vilamartín de Valdeorras, Concello de Xinzo de Limia) xunto a Axentes Forestais, Protección Civil, SERGAS, Policía Autonómica, Policía Nacional, Garda Civil, brigadas forestais, unidades de emerxencias e corpos de bombeiros, ademais de representantes do Celta, da UD Ourense e da RFEF. Todos, sen distinción, compartindo o mesmo obxectivo de coidar da terra, das raíces, do que une a Galicia.

Porque “Xuntos contra o lume” non foi un simple partido, foi un mensaxe, unha demostración de que, cando as circunstancias o esixen, Galicia responde con forza, con orgullo e con solidariedade que atravesa xeracións en cada aplauso, en cada bufanda ao vento e en cada paso sobre o céspede. A tarde de hoxe mostrou esa enerxía colectiva que fai da nosa terra algo único; un lugar no que a verdadeira vitoria é estar xuntos.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas