Cincuenta e sete mozos do Concello de Porto do Son e as súas escolas deportivas visitaron este domingo o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Almería dentro do programa ‘Eurorrexión Celeste‘.
Representando ao grupo acudiu o alcalde da localidade D. Fernando Dosil Bouzas, directivo do club e o Concelleiro de deportes D. Juan Francisco Pouso Avilés
A expedición visitou a Sala de arte onde recibiu o saúdo da conselleira Dª María José Táboas e do director da Fundación Celta, D. Germán Arteta e presenciou o quecemento do equipo antes do encontro.