Hemeroteca canteira

4 goles e 3 puntos ante o colíder

RC Celta

celtabudlogrones-071214.jpg

O Celta B venceu 4-2 á UD Logroñés, que só perdera dous partidos na presente tempada

 

O Celta B reencontrouse coa vitoria ante un peso pesado da categoría, a UD Logroñés, que chegaba a Barreiro en condición de co-líder e que só había perdidos dous partidos en toda a tempada. Os celestes recuperaron a puntaría, ausente nas últimas xornadas, para cultivar un importante triunfo por 4-2 nun choque que ofreceu grandes doses de emoción e goles.

 

Barreiro viviu un emocionante primeiro tempo, escaso en ocasións claras pero intenso e con alternativas para ambos os equipos. O Celta B recuperou a puntaría, ausente nas últimas xornadas, e rendibilizou as súas oportunidades. Aos 7 minutos do encontro o cadro vigués aproveitou unha falta na frontal da área rival para adiantarse no marcador. Jordan executou o lanzamento con mestría e coou o esférico pola escuadra esquerda da portaría rioxana, un gran tanto correspondido coa calor da bancada.

 

Unha xogada ensaiada dos visitantes puxo as táboas no minuto 16. Rico cabeceou o balón no segundo pau e enviou o balón ao fondo da rede. O empate azuzó aos celestes, quen aumentaron a súa presenza e intensidade en campo rival. Con loita e entrega, sempre presente no xogadores do filial, chegou o 2-1. O dianteiro Borja Igelsias pelexou un balón na área logroñesa que logrou gañar e que rematou a gol con precisión. O descanso chegou coa UD Logroñés dominando o xogo e xerando perigo. Un bo traballo defensivo e o acerto de Óscar Santiago axudaron a chegar ao tempo morto con vantaxe no electrónico.

 

Tras a continuación mantívose a intensidade do encontro. Os visitantes buscaban o empate con afán mentres que os vigueses negábanse a dar por suficiente o 2-1. No minuto 56 Borja Iglesias encargouse de executar unha pena máxima que supuxo o seu segundo tanto no partido e o 3-1 no marcador. A pesar da vantaxe do Celta o encontro daba a sensación de poder cambiar en calquera momento ante un rival que apertaba moito. O gol da tranquilidade chegou no minuto 76. Gran triangulación dos célticos que frustrou a zaga logroñesa pero que, no rexeite, aproveitou o defensa De Amo para marcar cun potente disparo.

 

Case sen tempo para máis, no minuto 86, a UD Logroñés acurtou distancias desde o punto de penalti. O partido finalizou con 4-2 no marcador, unha vitoria moi importante que premia o traballo e a actitude dos xogadores, así como a entrega da bancada de Barreiro, que despediu ao equipo entre aplausos. A próxima xornada o Celta B visitará A Malata para medirse ao Racing de Ferrol (sábado, 17h).

 

FICHA TÉCNICA

4-CELTA B: Óscar, Kevin (Casas, min.73), Crespo, De Amo, Samu, Borja Domínguez, Borja Fernández (Borja Fernández, min.62), Jordan, Omar, Thaylor e Borja Iglesias (Javi Que, min.77)

 

2-UD LOGROÑÉS: Miguel, Gago, Santos (Ubis, min.72), Zubiri (Iker Alegre, min.56), Moisés, Jacobo, Titi, Rico, Camochu, Abaroa (Joel Valencia, min.69) e Menudo

 

Goles: Jordan, min.7 (1-0); Rico, min.16 (1-1); Borja Iglesias, min.26 (2-1); Borja Iglesias, min.56 (3-1, de penalti); De Amo, min.76 (4-1); Ubis, min.86 (4-2, de penalti)

 

Árbitro: González Hernández, do comité castelán leonés. Amonestou a Rico, Santos e Ubis por parte da UD Logroñés e a Javi Que por parte do Celta

 

Campo: Barreiro

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas