Cincuenta e cinco integrantes do Concello de Rianxo e Club Deportivo Asados visitaron este venres o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Mallorca dentro do programa ‘ Eurorrexión Celeste’. Representando ao Concello acudiu o Alcalde D. Adolfo Muiños Sánchez e o Concelleiro de deportes D. Xusto Ordóñez Figueira.
A expedición visitou o Museo do RC Celta, onde recibiu o saúdo do Presidente D. Carlos Mouriño onde se entoou A Rianxeira, e presenciou a pé de campo o quecemento dos equipos antes do encontro.