Os dezaseisavos de final da Copa do Rei Xuvenil depararon un apaixonante duelo entre galegos. RC Celta e RC Deportivo mídense este domingo 16 de xaneiro ás 12:00, na Madroa, nunha eliminatoria a partido único que promete emoción e espectáculo.
O club, consciente da expectación que pode xerar este encontro de canteira, ofrecerá a emisión en directo do choque e en aberto para todo o mundo a través da canle de YouTube do club celeste.
Ademais, os comentaristas serán os habituais durante os partidos da última pretempada celeste, na que dúas das voces foron seleccionadas nun casting aberto a toda a afección.
Acceso ao campo da Madroa
Aqueles seareiros que desexen acudir presencialmente ao partido, cuxa entrada é de balde, deben ter en conta que a capacidade é limitada e que deberán presentar o pasaporte COVID para poder acceder ao recinto.