O responsable de metodoloxía do RC Celta, Eduardo Covelo, participou este luns nunha charla-coloquio organizada por AFAVI (Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo) no Hotel Coia de Vigo. Covelo introduciu aos asistentes nos métodos de traballo que se desenvolven na Madroa e ofreceulles diversas recomendacións de face a aplicar esta metodoloxía, recoñecida como unha das mellores do fútbol base español, noutros clubs locais.
O convenio do RC Celta con AFAVI é un dos aspectos máis sólidos e valiosos do proxecto de canteira céltico. Encontros como este, no que os profesionais da Madroa pode compartir os seus coñecementos con técnicos doutros equipos da cidade e a súa contorna, son de vital importancia para seguir fortalecendo e mellorando o extraordinario traballo de canteira que se desenvolve na zona.