ESCUDO-1300x400-02
A Canteira

A canteira celeste incorpora un símbolo pola paz nos seus uniformes: o Botón Verde

RC Celta

“Utiliza o fútbol para mellorar o mundo”. Así comeza a décima regra do Fair Play da FIFA, unha máxima que o RC Celta, a Fundación Celta e os coordinadores da canteira celeste levan inculcando aos xogadores das categorías inferiores desde hai anos. O fútbol é unha poderosa plataforma para promover a paz, a igualdade, a saúde ou a educación para todos, e desde agora, os propios canteiráns célticos poderán ser partícipes na difusión destas ideas.

Nun momento no que é máis necesario que nunca intensificar a formación en valores dos máis novos, a canteira celeste ha decidido incorporar aos uniformes de todos os equipos do seu fútbol basee un símbolo, o Botón Verde (cor da esperanza), co que seguir educando e concienciando ás súas novas promesas.

Desta forma, os propios futbolistas celestes terán a oportunidade de axudar a difundir esta mensaxe de paz e esperanza, apertando o botón nas súas celebracións de gol, en actos ou cada vez que desexen transmitir publicamente o seu chamamento pola paz. Un acto simbólico, pero moi potente, que envía unha mensaxe universal a todo o mundo do fútbol e a sociedade en xeral.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas