Rubén, Borja Fdez, Costas e Mina: o Celta é o club que máis futbolistas aporta ao combinado nacional
Rubén Blanco, Borja Fernández, David Costas e Santi Mina. Con catro futbolistas convocados, a canteira do RC Celta lidera con claridade a lista da selección española Sub-19 para participar nun torneo amigable oficial da UEFA en Budapest (Hungría).
O club vigués é o que máis xogadores achega a esta convocatoria, seguido polo Atlético de Madrid con tres futbolistas e o Athletic Club e o Real Madrid con dous respectivamente. A lista confeccionada pola RFEF reflicte o extraordinario potencial da Madroa, que non só está a nutrir ao primeiro equipo céltico, senón tamén ás categorías inferiores da Selección Española, á vez que referenda o proxecto de canteira do RC Celta e a firme aposta da entidade polo fútbol base.
A Sub-19 concentrarase o 7 de outubro en Madrid, desde onde viaxarán a Budapest para participar entre o 8 e o 15 de outubro nun torneo amigable no que se medirán ás seleccións de Hungría, Eslovaquia e Portugal.
10.10.2013 ESPAÑA / PORTUGAL 14.30h
HUNGRIA / ESLOVAQUIA 17.00h
12.10.2013 ESLOVAQUIA / ESPAÑA 14.30h
PORTUGAL / HUNGRIA 17.00h
14.10.2013 PORTUGAL / ESLOVAQUIA 10.00h
HUNGRIA / ESPAÑA 12.00h