Hemeroteca canteira

A canteira celeste participa na iniciativa “Escola de Pais no fútbol base”

RC Celta

 Tallerpadres3.jpg

 

Esta tarde, preto de 50 nais e pais dos xogadores da canteira do RC Celta participaron na iniciativa “Escola de Pais no fútbol base”, unha serie de talleres orientados á sensibilización sobre a importancia de sentar as bases para ter unhas normas de conduta e comportamentos adecuados por parte dos pais dos deportistas na súa relación co fútbol.

Estes talleres foron impartidos na Madroa por Javier Torres Gómez, ex adestrador do Celta B, e Félix Antonio Ferreiro. A iniciativa, promovida pola liga de Fúbol Profesional e Afeccións Unidas, veuse desenvolvendo en diversos equipos como o Leganés, Granada, Real Valladolid, Levante, Alcorcón e Córdoba CF entre outros.

Realizáronse dous Talleres no mesmo acto o de “INICIACIÓN DEPORTIVA”, onde os pais tiveron a oportunidade de sentir o que lle ocorre ao seu fillo cada vez que sae a un terreo de xogo, e o de “VALORES E COMPORTAMENTOS”, onde reflexionaron sobre aqueles valores que teñen nas súas familias e os que o deporte lles engade aos seus fillos, ademais dos comportamentos que deben manter para honralos. O obxectivo deste tipo de accións é o de erradica e previr a violencia no fútbol, en calquera das súas manifestacións.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas