Hemeroteca canteira

A canteira celeste segue en alza e esta Semana Santa participa en grandes torneos internacionais

RC Celta

 torneos_cantera_web_16316.jpg

 

Os equipos de categorías inferiores do Real Club Celta preparan con ilusión un intenso calendario de torneos internacionais para esta semana Santa que deixa patente o enorme prestixio do que goza a canteira celeste. Este ano, os equipos das categorías inferiores visitarán diversos puntos da xeografía española e viaxarán tamén a Portugal e Estados Unidos para medirse a rivais de gran entidade.

 

En categoría Benjamín, os xogadores de primeiro ano do Celta disputarán varios torneos locais na contorna da provincia de Pontevedra como o torneo do Choco, Caldas e Erizana. Os benjamines de segundo ano pola súa banda participarán no torneo coruñés de San Tirso e viaxarán a Valladolid para disputar a Íscar Cup, o torneo máis importante da súa categoría e onde se enfrontarán a 18 clubs de Primeira División.

 

O RC Celta Alevín B e Cadete B disputarán en Salamanca a primeira edición do Desafío Cup, na que terán que enfrontarse a equipos como o FC Barcelona, Betis, Sevilla, Rayo ou Getafe. No caso do Alevín A, tras proclamarse campión da pasada edición do prestixioso Mundialito celebrado no Algarve, volverá defender título a próxima semana en Portugal ante equipos do máximo nivel, algúns españois e outros internacionais como Ajax, Juventus, Inter de Milan, Liverpool, FC Shalke 04, Milán e Borussia Dortmund.

 

Ademais, froito da espléndida imaxe deixada o pasado Nadal no torneo LaLiga Promises de Miami, o Celta Alevín foi convidado a participar na Dallas Cup, que terá lugar a próxima semana na cidade estadounidense de Dallas e na que, á parte de disputar o torneo, o club celeste impartirá diversas charlas sobre metodoloxía, captación de xogadores e promoción de valores.

 

O Torneo da Fundación Real Sociedade acollerá un ano máis ao RC Celta, que acudirá co Infantil B e o Xuvenil. Ademais, o Infantil A repetirá por cuarto ano consecutivo na Oviedo Cup, onde se verá as caras cos principais equipos do noroeste peninsular.

 

Os cadetes de segundo ano completan o cadro de torneos coa súa participación no tradicional torneo Cesaraugusta, que se celebra en Zaragoza, coa participación de Real Madrid, Zaragoza, Estadium Casabranca, Osasuna e Deportivo.

 

Continúa tamén durante esta rolda de torneos a iniciativa conxunta entre Celta e Deportivo da Coruña para que os xogadores de ambos os conxuntos compartan na medida do posible o transporte cara aos diferentes destinos. Esta fórmula, que simboliza a aposta de ambas as entidades por manter unha relación fluída e cordial e que foi enormemente valorada no fútbol basee español, levará a cabo nesta ocasión para acudir aos torneos Desafío Cup de Salamanca, Cesaraugusta de Zaragoza e Íscar Cup en Valladolid.

 

A disputa destes prestixiosos torneos supón a primeira oportunidade da tempada para moitos equipos celestes de medir as súas forzas ante conxuntos do máis alto nivel de face aos torneos que se disputarán nos meses de maio e xuño. O gran xogo despregado polos equipos do Celta durante os últimos anos logrou situar á canteira celeste entre as mellor valoradas a nivel internacional, logrando ter presenza nos mellores torneos para ofrecer aos mozos xogadores a oportunidade de vivir experiencias enriquecedoras que lles axudarán ao seu desenvolvemento deportivo e persoal.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas