Hemeroteca canteira

A canteira celeste vive unha intensa semana de competicións internacionais

RC Celta

Nota_torneos_Internacionales.jpg

 

Os equipos das categorías inferiores do Real Club Celta viviron esta semana Santa unha emocionante e intensa rolda de torneos internacionais celebrados en diversos puntos da xeografía española, Portugal e Estados Unidos. Esta semana de competicións foi a primeira experiencia internacional para moitos novos futbolistas que viviron con enorme ilusión e etusiasmo a oportunidade de viaxar cos seus compañeiros e competir contra equipos do máis alto nivel.

 

O Celta Benjamín A fíxose coa vitoria en II Torneo Benjamín Air Cup by Hitachi tras imporse a equipos como o Porto FC, o CD Lugo e o Deportivo da Coruña. Pola súa banda, o Alevín A realizou un gran papel na Adidas Generation Cup de Dallas, en Estados Unidos, onde os preparadores celestes impartiron ademais diversas charlas sobre a metodoloxía da canteira, captación de xogadores e formación en valores. O Alevín viaxou tamén a Portugal onde non puido repetir a vitoria do pasado ano no esixente e prestixioso Mundialito do Algarve onde participaron equipos da talla de Juventus, Borussia Dortmund, Benfica, Inter de Milán e que finalmente levou en Shalke 04.

 

Final_RC_Celta_R_Madrid_2.jpg

 

En categoría infantil, o Celta B participou no torneo internacional da Real Sociedade obtendo o subcampeonato e o premio ao mellor xogador do torneo na figura do canteirán Hugo Álvarez. Tamén participou neste torneo o Xuvenil A que obtivo o terceiro posto nun dos torneos españois de máis renome.

 

A canteira celeste continúa crecendo e fortalecendo a súa experiencia internacional, para ofrecer aos xogadores a posibilidade de viaxar, de enfrontarse a grandes equipos de todo o mundo e gozar de novas experiencias, algo que tanto o Real Club Celta como a súa Fundación consideran fundamental no desenvolvemento persoal e deportivo dos máis pequenos.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas