Rubén, David Costas, Yelko Pino e Santi Mina regresan á selección para enfrontarse a Serbia
O Real Club Celta mantén unha presenza sobresaliente na Selección Española Sub-19 con catro futbolistas convocados. Rubén Blanco, David Costas, Yelko Pino e Santi Mina foron chamados para participar no partido que o combinado nacional disputará o próximo 15 de abril ante Serbia en Daimiel (Ciudad Real).
A canteira celeste protagoniza a lista do seleccionador Luís de las Fuentes, só superada en achega de xogadores polo FC Barcelona, con cinco. Dous dos xogadores convocados coa selección, Santi Mina e David Costas, pertencen xa ao primeiro equipo do Real Club Celta, un máis, Rubén Blanco xa debutou en competición oficial co conxunto vigués e o cuarto, Yelko Pino, arrincou a tempada co filial céltico con tan só 16 anos de idade.
Un novo referendo ao proxecto de canteira do RC Celta, que continúa crecendo e madurando, sempre co apoio clave dunha afección ilusionada coa aposta do club polo fútbol base.