Hemeroteca canteira

A canteira do Celta protagoniza un novo exemplo de ‘fair play’

RC Celta

canteiraceleste1617.JPG

 

Os xogadores do Celta Alevín A ofreceron unha fermosa demostración de ‘fair play’ este sábado no Torneio Internacional O Coelho Verde, que se celebra este fin de semana na localidade portuguesa de Castro Daire.

 

A acción sucedeu da seguinte maneira. O Celta adiantouse no marcador ante o FC Porto cun tanto que chegou mentres un xogador luso doíase na área, tras chocar contra o porteiro do seu equipo. Cando os canteiráns celestes foron conscientes da situación non dubidaron en pór en práctica os valores que caraterizan á canteira céltica, permitindo ao equipo portuense anotar un gol sen ofrecer oposición.

 

Todo un exemplo dos valores que caraterizan á canteira celeste e que supoñen un orgullo excepcional para o RC Celta e o celtismo.

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas