INICIACION MIUDIÑOS CELTA 04a
A Canteira

A CANTEIRA DO CELTISMO

RC Celta

As Escolas de Fútbol CELTA continúan reforzando a súa aposta formativa desde idades moi temperás, promovendo a práctica deportiva —no noso caso, o fútbol— entre os máis pequenos e transmitíndolles, ao mesmo tempo, o sentimento e o orgullo de pertencer ao Celta.

Este fin de semana, A Madroa converteuse nun pequeno gran estadio cheo de ilusión. Alí reuníronse nenos e nenas da nosa escola de INICIACIÓN–MIUDIÑOS, tanto da sede de A Madroa como da de Coia, para gozar dunha xornada de partidos amigables xunto a outros pequenos futbolistas da cidade, nesta ocasión procedentes de Candeán e do Rápido de Pereiró. En total, 40 nenos e nenas de entre 4 e 5 anos viviron as súas primeiras experiencias competitivas, acompañados por unha gran cantidade de familiares que vibraron coas súas xogadas, o seu entusiasmo e os seus progresos co balón.

O obxectivo destas xornadas é que os máis pequenos melloren as súas capacidades, aprendan a compartir o xogo e, por riba de todo, se divirtan practicando o seu deporte favorito. Porque no CELTA cremos que o fútbol nace da ilusión, e esa ilusión é a que queremos cultivar desde o primeiro día.

 

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Escolas

Noticias recomendadas