A situación extraordinaria de confinamento que estamos a vivir é complicada para todos, pero poida que mesmo máis para os novos. Co obxectivo de facer máis amenas estas datas, a Fundación Celta organizou un torneo do videoxogo FIFA20 que, en primeiro lugar, estaba dirixido a futbolistas da súa canteira, escolas, clubs convidos e equipos AFAVI, pero que finalmente decidiu abrir a tódolos afeccionados que poidan estar interesados en participar e pasar un rato entretido.
A próxima semana, entre os días 14 e 15 de abril, a Fundación Celta celebrará o Torneo de FIFA20 “A Canteira”, un evento no que poderán participar xogadores maiores de 14 anos residentes en España. Haberá premios para os mellores clasificados e para o club que represente o campión do torneo. Ademáis, os partidos de cuartos, semifinais e a final poderán ser seguidos en directo por todo o celtismo a través de internet.
Para inscribirse no torneo, o primeiro paso que deben realizar os interesados é acceder AQUÍ e encher un formulario. Terán ata o 13 de abril para completar a solicitude e anotarse na plataforma de competicións ArenaGG, colaboradora do RC Celta e Fundación Celta na organización deste evento xunto ao centro de gaming vigués Onente.
Escoitamos, o servizo de atención ao afeccionado do club, está a disposición dos participantes para resolver calquera dúbida ou incidencia.
Premios
1er clasificado: camiseta asinada polo seu xogador favorito e coñecelo en persoa.
2º clasificado: camiseta oficial RC Celta.
3er clasificado: 2.500 FIFA Points, cortesía de Onente Gaming.
8 primeros clasificados: 5 horas gratis de xogo en Onente Gaming.
Club do xogador gañador: visita guiada ao museo do RC Celta.
Datas
Ata o 13 de abril: inscrición.
Do 14 ao 15 de abril: torneo.