vuelta 2122 afouteza
A Canteira

A Cidade Deportiva Afouteza acolleu unha xornada infantil de convivencia con motivo da Volta 21/22

RC Celta

Ao redor dun centenar de nenas e nenos de Vigo, Mos e Porriño participaron este xoves nun encontro infantil incluido dentro do programa de actividades da Volta 21/22 na Cidade Deportiva Afouteza.

Nesta actividade, celebrada con motivo da etapa 20 que pasará por Mos, estiveron presentes Germán Arteta, director da Fundación Celta, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e José Areal, concelleira de deportes de Mos.

Os máis pequenos puideron gozar dunha visita guiada polas instalacións da Cidade Deportiva Afouteza e dalgunha actividade no campo de adestramento, gozando dun gran día de fútbol.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Actividades gl Fundación

Noticias recomendadas