O Celta Academy México, a través da Fundación Celta, realizou unha visita a Vigo. Catro xogadores dunha das nosas sedes en Ciudad de México mergulláronse no noso fútbol base. A través de adestramentos tanto individuais como grupais, estes xogadores tiveron a oportunidade de familiarizarse coa nosa metodoloxía. Xunto a eles, dous técnicos do Celta Academy CDMX involucráronse activamente neste intercambio. Absorberon a nosa metodoloxía a través da súa participación directa nos adestramentos e nos Campus de Semana Santa.
Diego Sarabia, coordinador do RC Celta Academy, destaca o propósito destas Experiencies para “intercambiar a nosa metodoloxía e a nosa forma de ver o fútbol“. É un esforzo por compartir coñecementos e perspectivas entre as distintas sedes do club.
Doutra banda, Alonso Ortega, monitor do Celta Academy CDMX, recalca que “o noso obxectivo é sentir en carne propia o que é ser parte do RC Celta“. Unhas experiencias que reforzan a identidade e o compromiso dos participantes.
Ademais das sesións de adestramento, os visitantes gozaron do partido da Celta Fortuna e do Tour por Abanca Balaídos. Ademais, coñeceron a diferentes figuras do club, incluíndo ao Director da Fundación Celta, Germán Arteta; ao adestrador do primeiro equipo, Claudio Giráldez; e á presidenta do RC Celta, Marián Mouriño.
Esta experiencia non só enriquece aos participantes, senón que tamén fortalece os lazos entre as distintas sedes do club e promove un intercambio enriquecedor de coñecementos e perspectivas no mundo do fútbol.