Debido a esta situación que nos tocou vivir e ante a imposibilidade de volver adestrar nestes momentos, quérese aproveitar este final de tempada para seguir coa formación de toda a rede de adestradores que forman a nosa estrutura a través de clubes convidos coa Fundación Celta. Neste ciclo de charlas formativas virtuais abordaranse diferentes temáticas relacionadas co fútbol basee, sendo o calendario como se detalla a continuación:
Luns 11 de maio 17:00h
Adrián Abalo Cerezo, Departamento de metodoloxía e adestrador Infantil ‘A’ RC Celta
‘IMPORTANCIA DA ESTRUTURACIÓN E PLANIFICACIÓN DO ADESTRAMENTO’
Luns
Luns 18 de maio 17:00h
Juan Recondo Estévez, Adestrador Alevín ‘A’ RC Celta
‘PLANIFICACIÓN DUN MICROCICLO DE ALEVÍN A’
Luns 25 de maio 17:00h
Jorge Cuesta Bello, Adestrador Xuvenil ‘A’ División de Honra RC Celta
‘MICROCICLO DE ADESTRAMENTO XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA’
Luns 1 de xuño 17:00h
Carlos Arosa Jar, Departamento de metodoloxía e preparador físico Xuvenil ‘A’
‘PAUTAS PARA A VOLTA AO TRABALLO TRAS O CONFINAMENTO’
Con estas iniciativas a Fundación Celta procura seguir mantendo o seu compromiso co Fútbol basee a través da formación a pesar das condicións de incerteza.