charlas-form.jpg
Novas canteira

A Fundación Celta a través de Celta Academy ofrecerá charlas formativas semanais online do 11 de maio ao 1 de xuño

RC Celta

Debido a esta situación que nos tocou vivir e ante a imposibilidade de volver adestrar nestes momentos, quérese aproveitar este final de tempada para seguir coa formación de toda a rede de adestradores que forman a nosa estrutura a través de clubes convidos coa Fundación Celta. Neste ciclo de charlas formativas virtuais abordaranse diferentes temáticas relacionadas co fútbol basee, sendo o calendario como se detalla a continuación:

Luns 11 de maio 17:00h

Adrián Abalo Cerezo, Departamento de metodoloxía e adestrador Infantil ‘A’ RC Celta

‘IMPORTANCIA DA ESTRUTURACIÓN E PLANIFICACIÓN DO ADESTRAMENTO’

Luns

Luns 18 de maio 17:00h

Juan Recondo Estévez, Adestrador Alevín ‘A’ RC Celta

‘PLANIFICACIÓN DUN MICROCICLO DE ALEVÍN A’

Luns 25 de maio 17:00h

Jorge Cuesta Bello, Adestrador Xuvenil ‘A’ División de Honra RC Celta

‘MICROCICLO DE ADESTRAMENTO XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA’

Luns 1 de xuño 17:00h

Carlos Arosa Jar, Departamento de metodoloxía e preparador físico Xuvenil ‘A’

‘PAUTAS PARA A VOLTA AO TRABALLO TRAS O CONFINAMENTO’

 

Con estas iniciativas a Fundación Celta procura seguir mantendo o seu compromiso co Fútbol basee a través da formación a pesar das condicións de incerteza.

RC Celta

Etiquetas

Actividades gl Actividades gl Actividades gl Categorías inferiores gl Categorías inferiores gl Escolas Escolas Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación Fundación Fundación Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca fundación gl Hemeroteca fundación gl Categorías inferiores gl Novas canteira Novas fundación Novas canteira Novas fundación Escolas Hemeroteca canteira Novas canteira

Noticias recomendadas