O Salón Regio de A Sede acolleu o acto de firma do convenio entre a Fundación Celta e o Fútbol club Gondizalves, situado na veciña cidade de Braga, en Portugal. Asistiron Germán Arteta como director da Fundación, Marcos Alonso e Diego García como responsables deportivos de Celta Academy, Pedro Lamego como coordinador do conxunto portugués e o seu presidente Alberto Lamego.
Con este acordo conséguese a tan anhelada presenza no país veciño, a través dun seguimento próximo do club, con visitas periódicas por parte dos técnicos da canteira celeste, para supervisar os adestramentos e asesorar aos adestradores locais, buscando unha liña de traballo común coa metodoloxía do RC Celta como fío condutor.
Espérase que a actividade comece coa nova tempada no mes de agosto, con preto de 100 mozos e mozas entre 3 e 17 anos. Tamén está prevista a realización de diferentes actividades formativas e deportivas entre ambas entidades ao longo da tempada, así como a posibilidade de que os novos talentos portugueses poidan vivir experiencias deportivas cos seus homólogos vigueses.
Con esta acción a Fundación Celta coloca un bandeira máis no seu mapamundi particular, tendo xa presenza periódica en preto de 20 países, utilizando ao fútbol como vehículo de valores e proxectando a imaxe do club máis aló das nosas fronteiras.