aniversario fundacionm horiz 20422
Fundación

A Fundación Celta conmemora no Salón Regio os seus 25 anos de servizo á sociedade galega

RC Celta

O Salón Regio de A Sede albergou esta mañá un emotivo acto celebrado con motivo dunha conmemoración especial, o 25 aniversario da creación da Fundación Celta. Son 25 anos de servizo á sociedade galega a través do desenvolvemento e o fomento do deporte e os seus valores en todos os seus ámbitos, de reforzar e potenciar accións de igualdade, integración e solidariedade entre nenos e adultos e de fomentar a participación cidadá en actividades de carácter social mediante a promoción de campañas solidarias como ‘Batas solidarias’, ‘Celta Integra’ ou ‘Sangue celeste’.

No evento participaron, ademais do presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, e do director da Fundación, Germán Arteta, representantes do Hospital Álvaro Cunqueiro, Celta Integra, canteira celeste e Hogar San José e asistiron directivos e conselleiros do club e representantes de institucións, empresas, patrocinadores etc. vinculados á Fundación.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas