Unha semana máis continuamos coas presentacións das diferentes sedes dos Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2024. As sedes presentadas esta semana foron:
BARREIROS. No CONCELLO DE BARREIROS con presenza de representantes do CONCELLO DE BARREIROS e dos 2 clubs do propio Concello.
- MONDOÑEDO. No CONCELLO DE MONDOÑEDO con presenza de representantes do CONCELLO DE MONDOÑEDO, así como das escolas deportivas do propio Concello.
- SANTOMÉ-MARÍN. Na SEDE do RCCelta con presenza de representantes do club de futbol SANTOMÉ e do a FUNDACIÓN GARCÍA CHILLÓN ORLANDO que colaboran coa organización da devandita sede.
Germán Arteta e Manu Gómez participaron nestas presentacións representando á FUNDACIÓN CELTA. Todas as sedes seguen mostrando gran satisfacción por seguir colaborando un verán máis para que os nenos/as dos seus concellos poidan seguir gozando dos nosos campus de fútbol. Sedes como CD RAÍCES-CASTRILLÓN en Asturias e COLEXIO COMPAÑÍA DE MARÍA en SANTIAGO xa completaron as prazas, e outras como Ares e Palas de Rei están moi próximas a facelo. Ademais seguimos incorporando novas sedes como FUNDACIÓN DENIS SUÁREZ en Salceda de Caselas. Información e inscricións aquí.