[tabs tab1=”GALEGO” tab2=”CASTELLANO”][tab title=”GALEGO”]
A Fundación Celta de Vigo continúa traballando na consolidación de estruturas de formación de novos futbolistas coa firma dun importante convenio de colaboración co Erizana CF de Baiona, un equipo que leva unha interesante traxectoria e que traballa con intensidade no fútbol de base. Este acordo, asinado polo director da Fundación Celta, Germán Arteta, e o presidente do Erizana, Manuel Goce Ratel, reafirma o interese de ambas as institucións polo desenvolvemento e a formación dos novos futbolistas.
Este convenio inclúe varias accións ao longo da tempada, como cursos de formación a adestradores, a posibilidade de realizar campus de verán e clinics específicos nas instalacións do club, así como unha serie de acordos sobre material deportivo e a colaboración dos técnicos da canteira celeste nas actividades formativas organizadas polo Erizana Cf.
O Real Club Celta de Vigo e a súa Fundación agradecen ao Erizana CF a súa disposición á hora de asinar esta importante colaboración para potenciar o fútbol basee e a difusión do celtismo ao longo do territorio galego.
[/tab][tab title=”CASTELLANO”]
[/tab]
[/tabs]