e6f27947-a981-4fe6-925c-b6340d9e6150
Novas fundación

A Fundación Celta e o IES Arcebispo Xelmírez II, unidos poLa prevención do tabaquismo

RC Celta

O pasado martes 6 de maio, a Fundación Celta celebrou unha xornada educativa no IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago de Compostela, coa participación de máis de 120 estudantes. A actividade, centrada na prevención do tabaquismo, formou parte das iniciativas ao redor de benestar e desenvolvemento integral da mocidade que puxo en marcha o club durante a presente tempada.

O evento contou coa presenza de Germán Arteta, director da Fundación; Rubén Martínez Nieto, patrón da Fundación; Borja Iglesias, xogador do primeiro equipo celestes; o Dr. Carlos Rábade Castelo, neumólogo e responsable da área de tabaquismo da Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR) e a Dra. Mª Teresa Curiel García, especialista en Oncoloxía Médica. Ademais, tamén asistiron distintos representantes do club e profesorado do centro.

A sesión comezou coa entrada dos invitados a ritmo de “Oliveira dos Cen Anos” e continuou cunha charla sobre saúde e hábitos de vida. Tras isto, deu inicio un coloquio aberto no que o alumnado puido expor as súas preguntas. O acto concluíu cunha entrega de obsequios, a realización dunha foto conmemorativa e a doazón ao instituto dun exemplar asinado do libro do Centenario do RC Celta.

Este tipo de iniciativas enmárcanse dentro da misión da Fundación Celta, que utiliza o fútbol como unha ferramenta de impacto positivo na sociedade, especialmente na vida dos máis novos.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación

Noticias recomendadas